Desde os nosos clubs non quixemos ficar
á marxe e programamos unha ristra de lecturas sobre os temas en discusión. Ao nivel que puidemos, case sempre enriquecido
pola visión do alumnado que coñece sorprendentemente ben conceptos arredor
deste movemento social que non esperabamos, usamos como pretexto tres historias
diferentes na superficie mais moi próximas no fondo, para falarmos do esencial,
do dereito a ser e do dereito a ser respectado. Un básico das reivindicacións!
Foi unha gozada poñer en práctica un par de dinámicas e sentir do noso alumnado un discurso tolerante, capaz de dar resposta ás actitudes máis excluíntes coas que tamén convivimos.
Hai esperanza para este gran desafío incluído na Axenda 2030 co número 5: a igualdade!
No club de 1ºESO escollimos 22 Segundo
de Eva Mejuto:
https://clublecturaarao.blogspot.com/2021/03/22-segundos.html
No club de 2ºESO, traballamos con Mamá, quero ser Ziggy Sturdust de Iria Misa:
https://clublecturaarao.blogspot.com/2021/03/mama-quero-ser-ziggy-sturdust.html
E co club de 3ºESO, a obra escollida foi A casa de Mango Street:
https://clublecturaarao.blogspot.com/2021/03/a-casa-de-mango-street.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario