Agabel é a Asociación Galega polas Bibliotecas Escolares e a Lectura, e está de cumpreanos! Desde este blog queremos felicitala. Ademais, é felicitarnos un pouco todos nós.
Sabemos que hai xente, persoas e grupos, con facilidade para darse 'autopublicidade' das cousas que fai (non é o noso caso, evidentemente) e hai xente que está pola labor do traballo diario, de ir construindo pouco a pouco e de foma continua. Grazas a este traballo, moitas veces calado, é como se alcanzan logros importantes, que ademais perduran no tempo. As bibliotecas escolares (as que son, que non todas) son o que son en parte grazas a esta asociación, que abreu camiños onde non os había. Os que chegamos máis tarde só podemos agradecelo. Feliz Cumpreanos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario