19.4.10

CEOS PECHADOS
Anda medio mundo paralizado estes días debido á erupción dun volcán en Islandia. A nube creada é tan inmensa que se extende por case toda Europa, impedindo aos avións voar polo perigo que supón que a cinza volcánica entre nos motores. As perdas económicas que supón esta paralización son enormes.
Pero podemos aproveitar a ocasión para mirar ao ceo doutra forma. Aquí tedes, condensado en pouco máis de 1 minuto, a actividade aérea dun día. Cada puntiño amarelo é un avión en voo. Mirádeo con atención e fixádevos como vai variando segundo chega a luz do día. Imaxinade canto combustible se gasta e canta contaminación provoca. Podemos entender agora por que cada un de nós ten que contaminar o menos posible?