20.4.10

PROXECTO ANOCA
Tivemos hoxe no Insituto unha visita moi interesante e ben recibida polo alumnado de 4º asistente á mesma. Logo de conectar a través das respectivas bibliotecas, viñeron a estar con nós catro membros do proxecto ANOCA (Aprender NO rcere): o director da escola e do proxecto, José Antonio, un dos profesores, Suso, e dous reclusos, Sergio e Estela Maris. Contáronnos como é o seu proxecto e, sobre todo, o seu día a día na cadea e o que supón para eles o asistir ás clases, e responderon con admirable franqueza a canto se lles preguntou. Tamén nos dixeron que estaban moi contentos cos alumnos asistentes e coa participación que houbo.
Desde aquí a nosa noraboa polo proxecto, ao profesorado e aos reclusos que asisten ás clases. Está moi claro, para os que sabemos desto, que detrás dun proxecto así hai moito traballo, e que non se fai unicamente porque teñas un xornal a final de mes. E sabemos que os resultados non son casualidade.
De novo Noraboa a todos!
(Podedes deixar os vosos comentarios no seu blog. O agradecerán)

6 comentarios:

BIBLIOCERVO dijo...

Queremos compartir con vos un agasallo que vos deixamos no noso blog.
Unha aperta de María, dende Cervo.

chispum dijo...

Como é posible que un centro escolar use "libros" tan amenos e tan humanos?

noe krns dijo...

encantoume a visita emilio ...... tuvo muy interesante

noe dijo...

emilio qeria enviarlle este comentario xro nn me vai:
"holaaa son noelia de 4º de E.S.O
Queria darvos as gracias pola visita gustoume moito...a verdad e que axuda a recapacitar en cousas que realmente importan nesta vida ..un saludo, ánimooo moita sortee a todos e 1 biquiño" aver si llo enviamos nun recreo ok

Libraco dijo...

Podemos probar no do luns! Ao seu servizo, señora!

jose antonio dijo...

Ola a tod@s
son José Antonio, o profesor do EPAPU de Teixeiro que estivo no voso centro o outro día dando a charla xunto cos nosos alumnos.
envíovos este correo para darvos as grazas a profesores e alumnos pola vosa amabilidade e polas vosas preguntas. tanto para nós os profesores como para os alumnos que participaron foi unha experiencia moi interesante. alegrámonos de podervos aclarar algunhas dúbidas e que consideredes a nosa actividade como algo enriquecedor .
envíovos tamén un enlace co noso blog para que poidades participar nel se queredes. aquí poderedes meter os vosos comentarios e a valoración da actividade que fagades.

unha aperta

http://proxectoanoca.blogspot.com/search/label/Camari%C3%B1as%2009-10