Xa sabiades que para celebrar o día do libro andabamos a fabricar o libro XXL coas respostas a: Para que les? Pois ben, xa temos moitas respostas da xente do insti, de alumnos, profes, persoal non docente, nais e membros dos clubs de lectura. Con todo elo estamos a facer o libro, coa axuda de Javier, o profe de Plástica. Non damos rematado porque seguen a chegarnos respostas.
A verdade é que o libro está quedando realmente ben e non queda máis que agradecer a todos os que colaborástedes na súa execución. Cando o teñamos completo intentaremos colgalo aquí en imaxes pra que todos o poidades disfrutar. Aquí quedan algunhas das imaxes que usamos.
Bo día do libro a todos/as. A LER!
Día do libro 2010 on PhotoPeach
3 comentarios:
Preciso que me acompañe un monstro boíño e ben, ben grande para ler ese libro que me parece tan, tan fermos.Topareino?
Carai, ollando o vídeo xa entran ganas de ler...
Que fermoso debe ser ese libro. Nótase polas caras dos rapaces cando o miran. PARABÉNS EMILIO.
Publicar un comentario