18.4.10

ENCONTROS DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Veñen de celebrarse os econtros anuais de Bibliotecas Escolares de Galicia. Todos os centros incluídos no Plan de Mellora estabamos alí representados para seguir escoitando, debatindo, aprendendo, sobre a función das BEs. Coma sempre, unhas ponencias interesantísimas sobre o futuro da educación e a función das bibliotecas dentro dos centros, facendo fincapé na imparable implantación do dixital na aprendizaxe, e na necesidade de preparar ao noso alumnado, a vós (alumnos hoxe, adultos mañá), para moverse ben nese mundo que xa está aquí.
Unha delicia ver traballos doutras bibliotecas, unha delicia escoitar aos ponentes e un agradecemento enorme ao gran traballo de Cristina e Pilar na Asesoría de Bibliotecas.

Encontros Bibliotecas Escolares on PhotoPeach

No hay comentarios: